O Centro de Cultura Popular do Limia, é unha organización ultrasecreta, que ven funcionando dende finais do século pasado nun lugar indeterminado da Limia. Descoñécense tanto os compoñentes da organización coma a forma de estructurarse, aínda que se sospeita que non vai máis alá dunha ducia de militantes.
Entre as actividades clandestinas que realiza, destaca a edición da revista LETHES, unha especie de panfleto que ven saíndo anualmente, e que parece ser a tapadeira dunha actividade económica pouco transparente. Ningunha outra explicación podería resolver o enigma de que vaia xa polo número oito sen publicidade nin apoio da Excelentísima Deputación.
A organización estructúrase entorno a un ficticio personaxe coñecido como BADAS, do que non se teñen datos concretos, pero que actúa como icono de referencia para o grupo. Coas reservas dunha sospeita pouco argumentada a foto superior, tomada nunha reunión clandestina na costa da provincia de Pontevedra, podería pertencer a este activista.
4 comentarios:
Tiña entendido que a este suxeto xa o prenderan.
Ca!!!
Ese tipo non é o tal Badás.
Recordo que sendo eu neno ensinoumo meu pai. Era unha noitiña de brétema mesta e camiñabamos pola rúa dos viños cando vimos unha silueta ao lonxe que desapareceu entre as sombras. Meu pai dixo: É el! O Badás!!!
Desde entón nunca máis o volvín ver; pero, asegúrovolo, non é o da foto.
Pienso oír alguna vez personas que hablando decía que Badás anda algún fin de semana en aldea desconocida de Jalufera.
Aliv Caasi
viva badás
Publicar un comentario